Friday 17 de May de 2024

Para o Partido Popular resulta enxordecedor o silencio de Gelo ante o recheo das balsas da ría con lodos tóxicos


PREGÚNTASE SE OS LODOS SEN TRATAR QUE SE ESTÁN DEPOSITANDO NAS BALSAS SON DE MELLOR CALIDADE QUE Os QUE NO SEU DÍA SE DEPOSITARON EN OZA

Parece ser que o que outrora foi un grave problema de orde ambiental, motivo de manifestacións, iniciativas parlamentarias etc., hoxe pasa desapercibido por quen naquela época, con agresiva intensidade, cuestionaban a construción na dársena de Oza da balsa onde se selarían os residuos procedentes da dragaxe dos peiraos da Coruña.

“Débese de tratar de lodos con ‘denominación de calidade’ para que Gelo permita tiralos en pártea oleirense da ría”, manifestou a candidata do Partido Popular á Alcaldía de Oleiros, Loli Silva.

Coa construción dun segundo dique-depósito de lodos contaminados serán miles os metros cúbicos de materias tóxicas que, retirados polas dragas, pasarán a formar parte do chan do municipio.

“A hipocrisía do Sr. García Seoane establece unha nova e insuperable marca, pois
resulta sorprendente que non abra a boca cando todos lembramos as súas airadas manifestacións con respecto á balsa de Oza” engadiu Loli Silva.

“Xa non se trata do municipio da Coruña, senón de Oleiros, nun espazo natural, produtivo e cun ecosistema moito máis delicado polo menor efecto das correntes mariñas”

Os diques que conterán os lodos serán selaxes e a súa superficie destinarase a xardín.
“Onde están entidades, partidos políticos -especialmente o PSOE, que tanto criticou a solución de Oza-, as asociacións ecoloxistas e demais grupos de abaixo asinantes”, pregúntase a candidata popular.

O Partido Popular lembra que entón se sostiña por todos os que cuestionaban a actuación de Oza que sería un perigo para “a fauna e a flora, ademáis de para a saúde humana”.

“Está claro que todos aqueles indignados teñen unha dobre vara de medir #ante dúas solucións similares distanciadas 20 anos no tempo, xa que entón quen actuaba era a administración do PP e agora quen executa é a do PSOE e as variadas rémoras que a sosteñen”, valorou Silva.